Servizos Somos especialistas en...

Este servizo axúdate a: 
Crear mapas de ruídos e estudos acústicos
Realizar análises paisaxísticos e simulacións ambientais
Tomar decisións para o teu negocio empregando xeomarketing
Xestionar, ordenar e planificar o territorio e os recursos urbanos

Ordenación e planificación do territorio

Analizamos e xestionamos a túa información mediante os GIS para que poidas integrar os resultados en estudos e proxectos, proporcionando resultados visibles e intuitivos que facilitarán a toma de decisións nos traballos de planificación e ordenación do territorio.

A construcción de modelos de representación de variables ambientais que permiten coñecer os comportamentos e prever as consecuencias.

En Sixtema realizamos estudos de impacto ambiental, estudos de impacto e integración paisaxística, estudos hidrolóxicos e servizos de Geomárketing.

Elaboramos mapas acústicos empregando sistemas de modelizado sonoro que permiten clasificar o territorio e a súa poboación en base ás distintas afeccións acústicas. Levamos a cabo proxectos baseados na ecoloxía da paisaxe e xeramos nova información útil para ti e ous teus clientes.

Algúns exemplos

Desourb

Plataforma para o cálculo e análise de indicadores territoriais da Eurorexión

Índice de Conectividade Ecolóxica

Definición de corredores ecolóxicos mediante Ecoloxía da Paisaxe

Mapa de Ruídos da liña de ferrocarril do Porto Exterior de Ferrol

Estudio de afección acústica e xeración de mapa de ruídos da liña de ferrocarril

Estudos de Impacto e Integración paisaxística de Parques Eólicos

Análise, delimitación e estudo das Unidades Paisaxísticas

Mapas Estratéxicos de Ruídos PO-531

Situación sonora e persoas expostas ó ruido producido por unha estrada